Lingua mescalero-chiricahua

Mescalero-chiricaua
Ndee bizaa
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Oklahoma e Novo México
Total de falantes: 1 500 (2007)
Familia: Linguas na-dené
 Linguas atapascanas
  Linguas atapascanas meridionais
   Apache suroriental
    Occidental
     Mescalero-chiricaua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: apm
Mapa
Status

O mescalero-chiricahua está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O mescalero-chiricahua é unha lingua apacheana falada polos pobos mescalero e chiricahua en Oklahoma e Novo México. Está relacionada co navajo e co apache occidental e foi descrita en gran detalle polo antropólogo lingüista Harry Hoijer (1904–1976), especialmente en Hoijer & Opler (1938) e Hoijer (1946). A obra Chiricahua and Mescalero Apache Texts de Hoijer e Opler, inclúe unha introdución gramatical e historias relixiosas e seculares, que foron convertidos nun "libro" en liña dispoñible pola Universidade de Virxinia.

Virginia Klinekole, a primeira presidenta muller da tribo apache mescalero, foi coñecida polos seus esforzos por preservar a lingua.[2]

Existe cando menos unha escola de inmersión lingüística para nenos en Mescalero.[3]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Alamogordo Daily News, ed. (15 de marzo de 2011). "Former tribal leader dies : Past Mescalero president, council member, writer remembered". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2015. 

Developed by StudentB